A exposición itinerante “Pontevedra e América. Unha mirada en feminino” que se pode ver na Alameda de Redondela rende homenaxe ás mulleres na emigración. Entre as 13 mulleres elixidas atopamos a Isabel Gómez Costas, viúva do médico e político redondelán Telmo Bernárdez Santomé e nai de catro fillas e cinco fillos. Tralo fusilamento do seu home na Caeira no outono de 1936 é privada dos bens e da casa viuse obrigada a fuxir. Arranca un periplo que acabará en México e que é recollido nesta mostra.
A exposición conxunta da Deputación e a Cátedra Iberoamericana pon o foco nas mulleres e na emigración e estará dispoñible ata o 28 de novembro. Unha exposición que fai un repaso sucinto ao periplo vital de 13 mulleres que pasaron parte da súa vida nalgún concello de Pontevedra e que acabaron por motivos diversos en América. O obxectivo é recuperar a memoria destas mulleres que son grandes esquecidas dos libros de historia que si están cheos de nomes masculinos que padeceron a mesma emigración. Mulleres que teñen como nexo común “experiencia vitais ao outro lado do atlántico, sobre todo en Mexico e arxentina, Mercedes Ruibal, Virxinia Pereira, Marivi Villaverde…e entre elas tamén a Redondela de Isabel Gómez Costas.
“Pontevedra e América. Unha mirada en feminino”, a mostra itinerante da Deputación de Pontevedra e da Cátedra Iberoamericana da Universidade de Santiago (USC) para por en valor a historia de 13 mulleres da inmigración, chegou ao concello de Redondela da mana da Deputación de Pontevedra logo de percorrer oito concellos, tal e como explicaba a concelleira e deputada, Olga García.
María Xosé Rodríguez Galdo, catedrática emérita de Historia e Institucións Económicas da USC explicaba que as mulleres que conforman esta mostra son de procedencia moi diversa, abranguendo todas as capas sociais, nalgúns casos son elas as que emigran de xeito individual mentres que outras fano coa súa familia e que non deixan apenas rastro na documentación, e o que nos interesa é facer “a historia da xente sen historia” e darle un certo protagonismo a estas mulleres que de xeito voluntario ou non se viron obrigadas a ter un protagonismo fora da casa e sair adiante en países que descoñecían
A mostra, que se poderá visitar na Alameda de Redondela ata o 28 de novembro, presenta a historia de Isabel Gómez Costas. Viúva do médico e político redondelán Telmo Bernárdez Santomé e nai de catro fillas e cinco fillos. A dor pola violenta morte do seu home, fusilado na Caeira no outono de 1936, súmase a prisión dos seus fillos máis vellos e a fuxida da súa filla Isabel. A familia estivo moi perseguida en todo momento, privada de bens e da casa familiar que lles foran incautados polas autoridades rebeldes. Estas circunstancias imporanlle un duro periplo que a levará, con catro fillas e dous fillos, de Redondela a Oporto, Burdeos e París. Na capital francesa a familia residiu preto de dous anos ata que a entrada dos nazis en París lles urxa a buscar a pasaxe para marchares a México. Isabel Gómez vive máis de trinta anos en México, pero pouco se sabe da súa vida no país agás as testemuñas familiares da súa continua preocupación por sacar á familia adiante e facilitarlles o acceso a estudos superiores. Para conseguilo chegou a converter a súa cas nun obradoiro téxtil no que traballaban as súas fillas, así como moitas mulleres republicanas de toda condición social.
A mostra “Pontevedra e América. Unha mirada en feminino”, inaugurouse en Pontevedra e continuou por Silleda, Cerdedo-Cotobade, Vila de Cruces, O Grove, Vilagarcía, Soutomaior e Redondela onde se organizaron conferencias para coñecer ás figuras femininas emigradas ou nadas na emigración que tiveron relación con cada localidade.