O RC Villalbés, na única ocasión que tiveron cun tiro de falta de Pablo Rey, rachou a invatibilidade choqueira no seu feudo neste encontro da Terceira División. Un partido no que o CD Choco foi claro dominador do esférico e controlador do partido pero que caeu pola mínima grazas a un gol no minuto 78’ dos seus rivais.
Dende o asubío inicial o CD Choco tomou o control dun partido complicado ante un rival excesivamente duro en defensa. O Choco apertaba dende os primeiro minutos de xogo, xerando continuas ocasións sobre a portería rival, máis o esférico resistiuse a pasar a portería defendida por Santomé.
Tralo tempo de descanso a dinámica foi a mesma. Vinte minutos nos que os choqueiros xogaron en área rival máis o tanto no chegaba. O que si chegaría sería un penalti a Félix que o colexiado non considerou pero sí unha dubidosa man a favor dos visitantes, que foi a única ocasión do RC Villalbés, que materializou o xogador Pablo Rey.
Co 0-1 en contra os de Juan Amoedo non tiraron a toalla, as embestidas sobre a portería rival sucedéronse continuamente pero xa nada puideron facer para cambiar o resultado.
Unha derrota que relega aos de Redondela ao penúltimo posto da táboa. A vindeira semana non haberá liga naTerceira RFEF, polo que contarán con dúas semanas para preparar o choque contra o Barco, outro equipo moi necesitado de puntos, situado tan só dous postos por ribados choqueiros.
Ficha técnica:
Club Deportivo Choco: David Cortegoso (p), Anxo Vilas, Yago Vázquez, Juanma Justo, Comis, Monroy, Félix, Cora, , Eli, Berni e Ube. TaménxogaronAdri, Caramés, Ronald e Diogo.
RFC Villalbés: Santomé (pVérez, Joel, Javi V., Jóse V., Javi Rey, Rares, Pablo Rey, Damián, Santi e Álex. TaménxogaronDiego, Buyo, Cuadrado e Alberto Lamas.
Goles: 0-1 Pablo Rey (78’)
Primeira Galicia
Sanxenxo 0-1 Arcade
Bo partido o disputado esta fin de semana polo Arcade que lle serviu para facerse cos puntos en xogo ao vencer en campo rival ao Sanxenxo. Na vindeira semana defederán a súa quinta posición nacasa. Reciben ao San Martiño
Segunda Autonómica
Combarro 1- 1 Cesantes
Reparto de puntos en Combarro a onde se desprazaba esta fin de semana o Cesantes, que na próxima cita recibe a un complicado equipo. O Bueu, segundo da clasificación.
Amanecer 1-1 Soutomaior
Mesmo resultado para o Soutomaior que lograba o empate na súa visita ao campo do Amanecer. O próximo encontro será na casa, reciben ao Figueirido.