O Obradoiro de Cesantes celebra este sábado (18:30) o acto de entrega dos premios do Certame de fotografía de 2022, que tivo a Óscar Alonso como gañador na categoría de mellor fotografía co título O Pescador. A imaxe foi elixida entre as máis de duascentas que se presentaron ao certame.
A sesión de entrega de premios será no Círculo Cultural de Cesantes, e servirá para recoñecer ós gañadores das diversas categorías; ademais de presentar a exposición do concurso que quedará pendurada na entidade durante as vinderias semanas. Despois, como se ven facendo nos anos anteriores, pasará polos distintos lugares expositivos do municipio, como o Multiusos da Xunqueira, o Piñeiral do Crego e diversos centros parroquiais como o de Cedeira e Reboreda. Unha lista que pode ampliarse nos vindeiros meses.
Nesta XVII edición 2022, o certame experimentou unha notable suba na categoría xuvenil, xa que se pasou de tres participantes a dez. Nos adultos mantívose unha alta concorrencia de fotógrafos. O Obradoiro reduciu a catro as instantáneas a presentar e superouse o volume de edicións precedentes. En total, presentáronse ó certame 217 fotografías.
Cadro de galardóns:
Premio a mellor á fotografía: Óscar Alonso Cabaleiro. Título: “O pescador”
1º Premio Categoría Adultos: Juan Fernández Varela. Título: “Galos”
2º Premio Categoría Adultos: Lucía Otero Pazos. Título: “María Álvarez Lamas”
3º Premio Categoría Adultos: José Andrés Lago. Título: “Soria”
1º Premio Categoría Xuvenís: Uxía García Cal. Título: “O lazo roxo”
2º Premio Categoría Xuvenís: Xoel Casal Blanco. Título: “O parque das follas”