Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xurxo Martínez recolle a memoria do “primeiro e o mellor” na procura da liberdade: Antolín Faraldo

xurxo

Xurxo Martínez xunto a Xurxo Couto na presentación do libro na deputación da Coruña

O libro “Querida Liberdade. Vida e obra dun precursor do rexurdimento. Antolín Faraldo” preséntase este xoves día 1 ás 19:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Un acto organizado pola asociación Alén Nós que contará coa presenza do seu autor, Xurxo Martínez González, responsable do servizo de Normalización Lingüística de Redondela quen falará de quen foi denominado como “o primeiro e o mellor precursor do rexionalismo” en palabras de Manuel M. Murguía.

“Antolín Faraldo é un gran descoñecido, malia tratarse dunha persoa fundamental no ámbito cultural e político galego xa que foi un pioneiro e a súa actividade e o seu legado trascendeu chegando ata hoxe” explica Xurxo Martínez. Un mozo que non chegou a cumprir os 30 anos pero que tiña unhas ideas moi avanzadas para a época como a defensa da separación entre Igrexa e Estado ou as súas reflexións en torno as causas sociais que se agochan detrás do suicidio.

Unha ideas pioneiras que o levan a protagonizar unha “vida de rebeldía” sendo un precursor tamén na contrución do discurso nacionalista.

Unha figura que é pouco coñecida na actualidade pero que si tivo unha gran repercusión nos anos nos que viviu, na primeira metade do XIX. Como anécdota Martínez relata como un artigo seu sobre as causas sociais que estarían na base do suicidio e a súa posterior intervención nun acto público na facultade atraería a un numeroso público e provocaría un gran malestar nos sectores conservadores.

O libro que se presenta agora, co gallo do bicentenario do nacemento de Faraldo e co apoio da Deputación da Coruña, supuxo un traballo arduo de investigación de arquivo na procura de información sobre a figura de Faraldo así como na prensa histórica para atopar datos en torno ao personaxe.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará