Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior acenderá o alumeado de Nadal este sábado cunha gran festa infantil

nadla souto

A iluminación permanecerá acendida ata o vindeiro 5 de xaneiro dende as seis da tarde e ata a medianoite, agás os días de Noiteboa, Nadal e fin de ano nos que se prolongará ata as tres da madrugada. O concello inaugurará tamén este sábado os novos xogos do parque de Talo Río

O Concello ten preparada unha gran festa infantil para celebrar o inicio dos festexos que culminará co aceso da iluminación do Nadal a mans dos nenos e nenas do municipio. A festa terá lugar na alameda Talo Río o próximo día 3 de decembro a partir das 18:00 horas.

O centro da iluminación do Nadal situarase un ano máis na alameda de Tallo Río, onde se instalará unha gran bóla de luces led que promete ser protagonista en moitas das fotos de nadal dos veciños. Ademais, instaláronse arcos e elementos en case todas as vías do centro urbano, e en prazas como as da Ostra, a Feira ou en Cimadevila. En total instaláronse máis de 40 arcos en todo o municipio e varias decenas de árbores luminosas e diferentes motivos adornando o mobiliario público.

Unha hora antes do inicio da celebración, o goberno local porá en servizo o novo parque infantil de Tallo Rio, que practicamente duplicará a superficie e o número de xogos do recinto anterior. A figura central é un gran castelo no que se integran varios xogos e atraccións para todas as idades, a principal é un gran tobogán totalmente cuberto de máis de 3 metros de altura. Ademais, o novo parque conta con balancíns, randeeiras, cama elástica, un carrusel e unha zona dedicada aos máis pequenos cun pequeno parque de area.

Previo ao aceso da árbore municipal, terá lugar a festa infantil con animación musical, xogos, panxoliñas e uns divertido pasacalles que percorrerá o centro de Arcade lembrando aos veciños o momento do aceso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará