Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ferida grave unha muller tras unha explosión nunha vivenda en Cesantes

cesantes

A vivenda afectada atópase en Fonte Coviña en Cesantes. Foto: Policía Local

Os feitos tiveron lugar ao redor das 21:00 horas deste martes cando, por causas que se están a investigar, producíase unha explosión nunha casa na rúa Fonte da Coviña no barrio de Outeiro das Penas. A deflagración, previsiblemente por mor dunha bombona de butano, provocou importantes danos materiais no inmoble e queimaduras graves a única ocupante da vivenda, unha muller de 88 anos de idade, quen foi trasladada a un centro hospitalario.

Ata o lugar desprazáronse dúas ambulancias, bombeiros de Vigo, Mos e Baixo Miño así como axentes da Policía Nacional e Policía Local. Foi precisamente o servizo da policía local quen recibiu unha chamada pasadas as nove da noite na que informaban dunha explosión en Cesantes. Unha vez no lugar comprobaron que se producira unha deflagración nunha vivenda na rúa Fonte da Coviña en Cesantes causando importantes danos materias e deixando ferida “moi grave” unha muller de 88 anos quen foi asistida nun primeiro momento polos veciños ata ser evacuada en ambulancia a un centro hospitalario. Informan tamén doutra muller, quen tería auxiliado á primeira, que resultou ferida leve ao cravarse varios vidrios nun pé polo que tivo que recibir atención médica.

A vivenda permanece custodiada pola Policía á espera de que se faga unha inspección ocular por parte da Policía Científica, encargada da investigación. Todo apunta a que a explosión estaría provocada por unha fuga nas bombonas de butano que había na vivenda.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará