Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Deputación insta ao alcalde de Pazos a poñer os terreos a disposición para acometer a mellora na estrada dos Valos

amoedo os valos

O deputado de Infraestruturas Gregorio Agís volve a instar a Andrés Iglesias a que “dunha vez e por todas poña os terreos a disposición para facer una obra para a que temos todo listo desde hai catro anos: recursos, proxecto e prazos”

A Deputación de Pontevedra trasladou novamente o seu máximo apoio aos colectivos veciñais de Pazos de Borbén nas súas reclamacións que o deputado de Infraestruturas Gregorio Agís definiu hoxe como “unha loita xusta” para que dunha vez e por todas a institución provincial poida acometer a esperada transformación da EP 2702 Amoedo-Os Valos. Agís lembrou que “na Deputación levamos catro anos esperando, instando e chamando ao Concello para que poña a disposición os terreos necesarios para esta obra que transformará por completo un viario perigoso, polo intenso tráfico que soporta, e que necesita entre outras cousas a corrección dalgúns puntos do trazado”. Tamén recordou que a Deputación, que mantivo varias reunións co alcalde para instarlle a acelerar o proceso, xa lle ofreceu incluso a opción de iniciar un proceso expropiatorio, facendo a institución todo o proceso administrativo, “como se fai co resto dos municipios da provincia e non temos resposta”.

O deputado agradeceu expresamente aos colectivos veciñais “o seu importante esforzo para mediar, falar con propietarios e propietarias e facilitar as cesións de parcelas afectadas. De feito, as asociacións trasladaron ao Concello que falaron xa cos 41 que tiñan os terreos e que na súa grande maioría todos estiveron de acordo. Sen embargo, engadiu Agís, o alcalde ata o momento só trasladou á Deputación a ficha de 14 das 41 parcelas, co que segue sen poñer a disposición da Deputación os terreos polo que non podemos empezar o procedemento”.

O deputado lembrou que o proxecto está redactado e que hai un orzamento de case un millón de euros pero que a obra está pendente de que “o Concello cumpra co seu traballo”. Finalmente, Agís trasladou “a máxima preocupación do goberno da Deputación” polo estado no que está a estrada, polo que advertiu ao alcalde de Pazos que “asuma a súa responsabilidade de calquera cousa que pida pasar”.

O proxecto da Deputación para a mellora integral da seguridade viaria na EP Amoedo-Os Valos suporá a transformación desta estrada na que amais da reparación do asfalto, corrixirá o trazado, acometerá a ampliación da plataforma para a dotación de beiravías e tamén a corrección das curvas con menor visibilidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará