Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A crecida do Maceiras obriga a pechar o paseo aos peóns

peche maceiras 2

As fortes precipitacións das últimas horas provocaron numerosos incidentes na bisbarra con caídas de árbores, derrubamentos de noiros así como anegamentos de diferentes rúas. O servizo de emerxencias (SEIS de Redondela) procedeu tamén a pechar o paseo fluvial do río Maceiras, logo de que a crecida da canle inundara a senda por onde transitan os peóns.

O mal tempo que nos está a acompañar nas últimas xornadas e que deixaba fortes precipitacións tamén na madrugada de hoxe está a ter consecuencias en diversos puntos do concello. Así, dende a Policía Local confirmaron pequenas inundacións en diferentes estradas como na do Campo do Choco nas inmediacións do almacén de vías e obras, onde se producía o anegamento da estrada e tamén no Souto en Saxamonde, lugar no que un vehículo sufriu un pequeno accidente ao colidir contra unha pedra que invadira a estrada.

O SEIS de Redondela tivo tamén que actuar na Baixada a Pescanova en Chapela onde se produciu un corremento de terras, do mesmo xeito que na zona dos Eidos, na inmediacións da estación do AVE.

Unha precipitacións que están a provocar tamén a crecida dos ríos do concello. Así, no paseo fluvial do maceiras xa se colocaron as indicacións alertando de que está prohibido o paso debido a que a senda está completamente inundada nalgún punto do percorrido.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará