Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A exposición do concurso de fotografía Fernando Monroy chega ao Multiúsos

expoobradoiro

Ata finais de mes de febreiro pódense ver as imaxes que se presentaron a XVII edición do concurso de fotografías que organiza o obradoiro de estudos locais Fernando Monroy. Máis de duascentas imaxes entre as que se atopan as gañadoras desta edición como “O Pescador” presentada por Óscar Alonso e que se fixo merecedora do premio á mellor fotografía.

Logo de permanecer nas últimas semanas no Círculo Cultural de Cesantes, chega esta mostra ao Multiúsos onde se poderá visitar durante os meses de xaneiro e febreiro, para a continuación seguir percorreron as parroquias do concello con parada no Piñeiral do Crego e nos centros parroquiais como o de Cedeira e Reboreda.

Nesta XVII edición correspondente ao 2022 presentáronse ao certame 217 fotografías, entre elas as imaxes galardoados como o título “Galos” de Juan Fernández Varela e o retrato presentado por Lucía Otero Pazos, primeiro e segundo premio na categoría de adultos así como “O lazo Roxo” de  Uxía García Cal e “O parque de follas” de Xoel Casal Blanco premiados na categoría xuvenil.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará