Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior trasladará o Parque da Diversidade menos dun ano despois da súa construción

parquediversidade

O Parque da Diversidade, espazo deseñado para dar visibilidade e normalizar ás diferentes sensibilidades e formas de sentir, foi inaugurado polo Concello de Soutomaior hai menos dun ano. Un espazo que, segundo denuncian dende o BNG, “será desprazado xa que no lugar que ocupa actualmente o parque está previsto construir un skatepark”.

A falta de chan municipal, unido a que o Concello de Soutomaior non contaba cos permisos cando en febreiro do 2021 anunciou a ampliación do SkatePark do peirao fai que agora o goberno local se miren na obriga de desprazar este espazo de lecer, unha obra que supuxo un investimento de 20.000 euros,  a unha nova ubicación.

“Nada facía sospeitar no mes de maio pasado, cando o Concello de Soutomaior inauguraba o Parque da Diversidade que dito lugar non chegaría a cumprir o ano de vida, xa que o Concello de Soutomaior, decidiu desprazalo e crear no seu lugar un SkatePark” explica o voceiro do BNG, Manu Lourenzo, quen engadiu que a construción do skatepark podería conlevar cortar  varias das árbores dunha das únicas zonas verdes existentes dentro do espazo urbano de Arcade.

Entenden ademais que a pista de skate neste lugar supón “apartar os rapaces que practican esta modalidade deportiva da zona onde están as demais pistas de ocio vinculadas ao deporte urbano, e única e exclusivamente pola falta de proxecto dun Alcalde, que como ben denotan estas situacións, está instaurado na máis absoluta improvisación” concluíu.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará