Encontro difícil o que tiñan por diante os de Soutomaior que ademais de xogar fora da casa facíano no campo do que era o líder da clasificación, o Marcón. Con todo, os visitantes foron quen de darlle a volt ao partido e facerse cos puntos en xogo tras vencer por 0-2. Unha vitoria que os sitúa como novos líderes do grupo con 44 puntos. Posición que tentarán manter na vindeira semana, cando reciban en Soutomaior ao decimo cuarto da categoría, o Deiro.
Vitoria tamén para o Cesantes. Neste caso o equipo xogaba na casa contra o Sampayo. Partido que rematou co resultado de 4-3 a favor dos locais. Décimos do grupo, os de Cesantes xogan na vindeira semana na casa, reciben ao Romay.