Dende o luns 30 de xaneiro ata o venres 3 de febreiro as Bibliotecas municipais animan aos seus usuarios e usuarias a achegarse e deseñar uns marcapáxinas que están a disposición de quen o desexe tanto en Redondela como en Chapela. Deste xeito súmanse ás celebracións do Día da Ilustración data creada pola Rede de Bibliotecas de Galicia co gallo do nacemento de Castelao.
Unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na cultura galega, homenaxeando cada ano a un autor ou autora de relevancia neste eido. Este ano a persoa homenaxeada é a artista María Antonia Dans, arredor da cal a rede realizará diversas actividades de recoñecemento
As Bibliotecas Municipais de Redondela festexan o Día da Ilustración convidando a todas as persoas usuarias dos nosos servizos a deseñar e ilustrar marcapáxinas.
A proposta esténdese durante todas esta semana ata o 3 de febreiro nas salas infantís. Os deseños realizados serán publicaods nas redes sociais das bibliotecas, tanto no Facebook como no Instagram.