Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O sector do aloxamento en Redondela únese para mellorar a atención e impulsar a actividade turística

networking

A primeira das iniciativas que acordaron, nunha xuntanza promovida pola Asociación de Empresarios, é por en marcha un roteiro profesional guiado dirixido ás persoas empresarias e traballadoras do sector turístico para poder informar de primeira man aos seus clientes de todos os recursos turísticos do municipio, da gran importancia do valor patrimonial e histórico dos distintos elementos e lugares en Redondela.

O sector do aloxamento en Redondela ten experimentado un notable crecemento nos últimos anos. Actualmente figuran rexistradas en Redondela 110 actividades de aloxamento das cales o 75% son Vivendas de Uso turístico (VUT), que reprsentan un 41% da oferta de prazas de aloxamento, un porcentaxe que está 3,61 puntos por encima da media Galega o que denota unha maior dimensión deste tipo de aloxamento no municipio. Albergues e pensións concentran o 40% das prazas de aloxamento da localidade. A oferta de prazas de aloxamento na tipoloxía de hoteis segue a ser a menos significativa co 2% das prazas.
Uns datos que se puxeron sobre a mesa na reunión celebrada hoxe e nas que os participantes salientaron a necesidade de coordinar e impulsar accións conxuntas de cara a mellorar a atención que se lle da ao turista que chega a Redondela e facer que este concello sexa un punto de referencia en Galicia.
A Asociación de Empresarios asume o labor de coordinar diferentes actividades e “servir de correa de transmisión do sector coas administracións con competencias na materia”.
A primeira das iniciativas que se vai poñer en marcha será o vindeiro xoves día 9 cun roteiro profesional guiado da man de Soledad Chayán, guía turística profesional, que se encargará de trasladar aos participantes os recursos turísticos do municipio e a gran importancia do valor patrimonial e histórico dos distintos elementos e lugares en Redondela.
O obxectivo da iniciativa é que os profesionais do sector adquirir a capacitación necesaria para ser prescritores e recomendar ao viaxeiro as visitas e experiencias que máis se adapten aos seus gustos e preferencias.
A cita será o vindeiro xoves 9 de febreiro ás 10:00 a.m. A información e inscrición poderá xestionarse a través da Asociación de Empresarios de Redondela ou accedendo ao portal web da entidade.
Na reunión quedaron apuntalados os asuntos nos que se comezará a traballar de forma prioritaria, como un proxecto de mellora da calidade do destino turístico que comezará polo análise da viabilidade de implementar a metodoloxías SICTED, e a coordinación coa administración especialmente en canto as necesidades do Camiño de Santiago.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará