A actuación que se vai desenvovler nestes restos arqueolóxicos son o resultado dunha convocatoria aberta aos concellos na que foron seleccionados Cambados, Catoira, Cuntis, Forcarei, Fornelos, Mondariz, Oia e Vilagarcía. As institucións difundirán o patrimonio arqueolóxico cun ciclo de conferencias e unha exposición permanente no Pazo de Liñares co material recuperado en Bendoiro (Lalín)
Os chozos do Alén son un grupo de construcións, téñense contabilizado 39, que se atopan na parroquia de As Estacas en Fornelos. Todo apunta a que se trataría de chozos tradicionais emrpegados antigamente como reguxio polos gandeiros que pasaban longas temparadas na montaña co gando. Construídos con pequeñas e grandes pedras lembran aos monumentos megalíticos e forman parte do conxunto de restos nos que está previsto que interveña neste mismo ano a Deputación de Pontevedra e o CSIC.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o investigador do CSIC-INCIPIT César Parcero presentaron o proxecto que ambas institucións van desenvolver neste 2023 e 2024 –do que Parcero é ademais coordinador– no marco do convenio para a realización de actividades para a difusión, protección e fomento do valor cultural dos bens patrimoniais da provincia, dotado de 270.000 euros.
A principal liña de actuación incluída no actual proxecto é a de intervención en espazos de interese arqueolóxico da provincia. Entre 2023 e 2024, farnase oito actuacións de campo, catro xa neste ano na Illa de San Sadurniño (Cambados), as Torres de Oeste (Catoira), Castrolandín (Cuntis) e os Chozos do Alén (Fornelos). Xa no 2024 actuarase no Castro de Garellas (Forcarei), os Petróglifos de Gargamala (Mondariz), o Cano dos Mouros (Oia) e Castro Alobre (Vilagarcía).
Os xacementos foron escollidos entre as propostas que presentaron os concellos a unha convocatoria aberta, transparente e con concorrencia competitiva. Serán intervencións de mínima invasión, capaces de proporcionar información sen producir grandes impactos con técnicas como a teledetección con drons ou prospeccións xeofísicas do subsolo. Ademais, estudaranse materiais de intervencións recentes, ou que se conserven en museos da provincia (Museo de Pontevedra), organizaranse charlas ou visitas guiadas e tamén montaxes expositivas.