Traballadoras do Servizo de Atención ao Fogar convocadas pola CUT concentrábanse hoxe ás portas do Concello para protestar pola “inacción do goberno local que entenden non está a facer nada de cara a solucionar a problemática do SAF”. Facíano a través dunha performance de Entroido, escenificando a queima dunha figura que representaba á alcaldesa, Digna Rivas e a Raquel Toja da empresa Os Ventos.
Denuncia o sindicato que a apertura de expedientes administrativos contra a actual concesionaria Os Ventos so serven para que a empresa “gañe tempo” xa que durante o percorrido administrativo de ditos expediente “o servizo segue a precarizarse e o único fin que van ter é a imposición dunha sanción económica”. Na concentración estaban presentes ademais de traballadoras do servizo, concelleiros do PP e do BNG.