Bares, tendas de roupa, perruquerías, xoierías… e en xeral o comercio local experimentou nos últimos tempo unha redución nas vendas, algo que achacan á tan manida crise económica
Así o poñen de manifesto os propietarios e traballadores de diferentes locais da vila, quen afirman que nos últimos tempos teñen visto como as súas vendas diminuíron e como os seus clientes reduciron o número de consumicións e compras nos establecementos. Uns efectos que se notan por igual en tendas de roupa, kioskos ou mesmo perruquerías, onde constatan que a xente espacia o tempo entre corte e corte de pelo. Tamén sofren esta caída nas vendas as xoierías. Parece que os veciños da vila optan por reducir os seus investimentos en productos de xoiería e incluso se ten incrementado o número de persoas que se dirixen a estes establecementos ofrecendo as súas xoias e obxetos de maior valor, nun intento de conseguir cartos en efectivo. Pero son tal vez os bares e cafeterías os que máis acusan a situación. O número de clientes diminuíu notablemente nos últimos tempos, de feito na cafetería pastelería Cruceiro cifran esta diminución nun 50%, mentres que noutros locais o que máis notan é que os clientes reduciron o número de consumicións.