Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Seis centros educativos de Redondela reciben o “selo Revitaliza” pola súa implicación na compostaxe

reboreda

O Colexio de Reboreda é un dos seis centros distinguidos co Revitaliza

Os centros de ensino de San Pedro de Cesantes, Cedeira, Santa Mariña, Porto Cabeiro, Reboreda e o instituto Pedro Floriani dispoñen de centros de compostaxe asociados a hortas escolares e veñen de seren distinguidos pola Deputación de Pontevedra co “selo Revitaliza” pola súa implicación nesta práctica sustentable.

A Deputación de Pontevedra recoñece así o traballo que se fai na Escola de Educación Infantil San Pedro de Cesantes, o CEIP de Cedeira, o CEP Santa Mariña, os CEIP Plurilingües Porto Cabeiro e de Reboreda e o Instituto de Ensino Secundario Pedro Floriani, todos eles con centros de compostaxe asociados a hortas escolares e cuxas candidaturas cumpriron todos os requirimentos de calidade e boas prácticas esixidos polo departamento provincial.

O vicepresidente César Mosquera, responsable do Plan Revitaliza, deu os parabéns aos colexios e lembrou que os negocios, colexios ou entidades de calquera tipo que teñan un “excelente en compostaxe” por cumprir os parámetros establecidos polo persoal do Plan Revitaliza poderán lucir nas súas portas os anagramas do Revitaliza, e tamén o distintivo personalizado, tal e como se fai con outras redes de calidade (Michelín,  Tripadvisor…).

No caso de Redondela, a equipa que concedeu os distintivos destacou da EEI de San Pedro de Cesantes que se trata dunha unitaria que ten asociado o composteiro a unha pequena horta, onde o alumnado xa dende ben cativo vive, aprende e experimenta o proceso da recirculación da fracción orgánica usando nos seus cultivos ese compost que crean de forma paralela ao seu grande compromiso coa reciclaxe.

Do CEIP de Cedeira sublíñase que é un dos que leva xa una longa traxectoria de traballo co alumnado tanto na compostaxe -teñen un total de 3 composteiros en funcionamento- como tamén en todo o relativo á separativa das diferentes fraccións de residuos no propio centro.

No CEP Santa Mariña, logo dunhas xornadas municipais sobre xestión dos residuos, animáronse a introducir a compostaxe na súa práctica educativa. Teñen un composteiro asociado a unha horta quecoidan con moito esmero. No CEIP Plurilingüe Porto Cabeiro dispoñen de dúas unidades de compostaxe distribuídas nos dous patios de recreo que ten o centro. No acceso a un dos patios, onde teñen ubicado un dos composteiros, teñen tamén instalada tamén unha horta onde fan uso do compost obtido.

No CEIP Plurilingüe de Reboredateñen instalados tres composteiros. Actualmente están operativos dous deles tras ter utilizado o compost do terceiro ao principio do curso na preparación dos bancais que teñen na parte central do edificio. Teñen instalados pequenos colectores nos patios onde depositar os restos da fracción orgánica das merendas que o alumnado mesmo se encarga de levar aos composteiros.

Finalmente, o IES Pedro Floriani ten “unha práctica de excelencia” en relación á compostaxe. As actividades de concienciación ambiental sempre tiveron moi boa acollida no centro e o profesorado do departamento de Bioloxía traballa coa rapazada de maneira moi activa. Dispoñen de tres unidades de compostaxe que funcionan a pleno rendemento e recentemente pediron colaboración para o triturado de pólas das árbores do centro para utilizar como estruturante e paus titores para a súa horta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará