Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O parque infantil da Alameda incorpora un novo xogo inspirado na tradición ferroviaria

alameda

O Concello substituíu a antiga zona de casetas por unha estrutura de madeira en forma de tren para uso dos cativos e completou a actuación con merendeiros e bancos novos.

O Concello de Redondela vén de inaugurar unha nova zona de xogos infantil inspirada na tradición ferroviaria da Vila. Esta está composta por unha estrutura de xogo en forma de tren, situada debaixo do viaduto que pasa por riba do Parque Infantil Xohana Torres.

A Coca Simona, xunto cunha zancuda de Troula Animación e a alcaldesa Digna Rivas foron os encargados de inaugurar o parque que, segundo a rexedora “ten a intención de levar unha figura importante para a vila, como é o tren, á rapazada de Redondela para que poidan gozar dunha instalación distinta e personalizada”.

O controvertido parque, famoso por ser o fogar do “Mono Paco” durante anos, estivo exposto a varios cambios progresivos. Primeiro, as casetas que albergaron diferentes animais foron substituídas por unha zona de recreo con mesas, xa que o concepto de ter “un parque con Zoo incluído” foi quedando obsoleto de forma natural co paso do tempo. En palabras da alcaldesa, Digna Rivas, “queremos que o parque siga sendo de uso Infantil e para todas as familias de Redondela. O motivo deste novo proxecto non é outro que engadir unha figura representativa para os nenos e nenas e seguir mellorando e aumentando as instalacións do parque”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará