O Multiúsos da Xunqueira acolle este sábado 11 de marzo ás 20:00 horas o espectáculo Baila Agora da bailarina e creadora Marta Alonso Tejada. Unha proposta incluída no ciclo “Vive o teatro” que organiza o Concello de Redondela. O prezo da entrada, que se pode retirar no multiusos, é de 3 euros.
Marta Alonso presenta a súa propia historia da danza a través dunha nena que xoga e baila coa súa nai, da os seus primeiros movementos coa música nos anos 80 e 90 e chega a entrar en contacto co ballet clásico finalizando esta viaxe na danza contemporánea.
Este espectáculo foi estreado en outubro do ano 2020. É unha coprodución de Marta Alonso Tejada co Centro Coreográfico Galego, Agadic – Xunta de Galicia. Nesta proposta colaboraron Galicia Danza Contemporánea, Teatro Ensalle, Concello de Negreira e o Centro Dramático Galego.