As redondelás Manuela Domínguez Rodríguez (Zona Verde Jardinería), Ana Míguez Dacosta (Héroes pola Ciencia), Cinthya Roldán Dosío (Mariñeira) e Celia Couñago (Ultramarinos A de Concha, O Viso) serán as participantes na charla debate moderada pola presidenta de Fademur, Rosa Arcos e que se vai desenvolver este venres ás 19:00 horas nas instalacións da oficina de turismo de Redondela. O vindeiro venres día 17 celebrarase un obradoiro baixo o título “Con forza de muller” no Multiúsos do Piñeiral.
A programación polo 8M que organiza a Concellería de Igualdade do Concello de Redondela continúa este venres coas ‘III Xornadas de Muller e Igualdade «Gemma Pereira Otero», unha iniciativa que busca poñer sobre a mesa de debate todos aqueles temas que poñan en valor o papel da muller na sociedade e a súa loita por acadar unha igualdade real como único camiño para conseguir unha sociedade máis xusta.
Nesta terceira edición, as xornadas inclúen dúas propostas que terán lugar este venres nas oficinas recentemente rehabilitadas de Turismo, na rúa Isidoro Queimaliños e na vindeira semana no Multiúsos do Piñeiral en Chapela.
Este III edición arrancará cunha charla-coloquio moderada pola fundadora da Federación de Asociacións de Mulleres rurais de Galicia, con Rosa Arcos. Baixo o título “Emprendemento no rural” coñeceranse as experiencias laborais das redondelás Manuela Domínguez Rodríguez propietaria da empresa Zona Verde Jardinería, Ana Míguez Dacosta promotora de Héroes pola Ciencia, a mariñeira Cinthya Roldán Dosío Mariñeira e Celia Couñago de Ultramarinos A de Concha, no Viso.
“Con forza de muller” é o nome do obradoiro que se desenvolverá o día 17 no Multiusos Piñeiral do Crego (Chapela) ás 19:00h a cargo de Isabel Machado e Patricia do Camiño, ambas as dáus coaches en intelixencia emocional.
As persoas interesadas poden inscribirse, de xeito totalmente gratuíto, no enderezo de correo electrónico igualdade@redondela.gal ou no teléfono telefono 986 40 80 43.
A alcaldesa Digna Rivas salientou a necesidade de darlle continuidade a unha actividade cun grande “éxito de participación” tanto na primeira como na segunda edición, unha iniciativa que serve “para poñer o foco de atención sobre o papel da muller na sociedade e que este ano esta dedicado o empoderamento feminino no mundo laboral e no rural” e a importancia que ten a igualdade “para acadar unha sociedade máis xusta”.