Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG denuncia que o concello paga a Urbaser por servizos xa incluídos na concesión

urbaser

O voceiro nacionalista, Xoán Carlos González fala de pagos por un importe total de 30.000 euros durante o derradeiro trimestre de 2022 destinadas a facturas de transporte de enseres, electrodomésticos e similares cando no contrato estes servizos estarían incluídos como unha obriga de Urbaser.

Dende a organización nacionalista denuncian que o concello está a pagar a concesionaria da recollida do lixo, Urbaser por servizos que xa cobra segundo o establecido no contrato. Consideran que se están a gastar fondos municipais en servizos que a empresa debería estar prestando segundo o recollido no Prego asinado no seu día.

Critica o BNG que “O goberno de Digna Rivas, lonxe de actuar con firmeza ante os incumprimentos da empresa negocia unha refinanciación con cargo ás arcas municipais” e engaden que os gobernos  AER-PSOE, e agora PSOE puxeron ao concello nunha situación de debilidade respecto a empresa do lixo.

Considera González que é obriga do goberno municipal facer un seguimento exhaustivo de todas e cada unha das empresas que traballan para o concello. “ Con cartos públicos estas empresas desenvolven negocios moi lucrativos, co que a supervisión do goberno municipal debe ser constante para que se preste o servizo contratado”. Insta ademais a que o goberno recupere a Comisión de Seguimento de Servizos Privatizados “abandonada durante o bipartito AER-PSOE”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará