O texto empregarase nos centros escolares do municipio para tratar a igualdade de xénero
Baixo o título Historia do Movemento Feminista 1975 -1983, Raquel Fernández veciña da localidade, realiza un repaso á historia do feminismo dunha forma sinxela e atractiva que servirá aos estudantes como base para o seu estudo nas aulas. Ademais, calquera veciño pode solicitar unha copia desta guía xa que está dispoñible para o público xeral no Centro de Información á Muller de Arcade.
O Concello de Soutomaior arrincou os actos de celebración coa presentación dunha nova guía didáctica para os centros educativos do municipio na que se explica a orixe do movemento feminista. O acto de presentación contou coa presenza da autora, Raquel Fernández, acompañada do alcalde, Agustín Reguera, a edil de Igualdade, Cristina González, o persoal do CIM de Arcade e os responsables de orientación do IES Soutomaior e o Colexio Santiago Apostol.
Durante a presentación, a autora lembrou que “o debate sempre foi unha constante dentro do movemento feminista e espero que esta guía axude a levar ese debate ás aulas”. Pola súa banda, o alcalde expresou o seu desexo de que “esta guía sirva como ferramenta para que os alumnos de Soutomaior poidan coñecer como o feminismo e os movementos sociais contribúen a construír unha sociedade mellor no futuro”.
Unha resposta
Bo día
Cómo poderíamos facer para solicitar esta Guía do Feminismo?
Grazas