Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A árbitra internacional Conchi Martínez quere levar a bandeira de Redondela aos xogos olímpicos de 2028

WhatsApp Image 2023-03-14 at 14.37.52

Conchi Martínez leva 30 anos exercendo como árbitra de Taekwondo e foi a primeira muller de Redondela en exercer esta disciplina. A súa constancia e o amor que sinte por este deporte impulsouna a conseguir o título de árbitra internacional de combate tras aprobar o exame da Federación Mundial celebrado en París. Agora, o seu soño é ser elixida para arbitrar nas olimpiadas de 2028 en Los ángeles e promete levar consigo a bandeira de Redondela se así o consegue.

Representar á Federación Española de Taekwondo como árbitra é un camiño longo para o que precisas experiencia en combate. Noutras disciplinas, como o fútbol, non é preciso practicar o deporte para chegar a arbitrar, sen embargo nas artes marciais é algo obrigatorio. Esixen anos de práctica e un riguroso control e seguimento do regulamento.  

A técnica redondelá conta que o máis complicado deste traballo é tomar decisións evitando conflitos entre comunidades, pois representando a España non caben os favoritismos. Hai que facer cumprir as normas sen ferir sensibilidades e tratar de ser sempre imparcial sen importar quen este competindo.

A vida de Conchi Martínez xira en torno ao deporte. É técnica de sala en Coia, ademais de adestradora persoal en centros deportivos de varias localidades de Pontevedra e instrutora de distintas especialidades como fitness, aerobic ou step. O taekwondo é a súa paixón e a arbitraxe a exerce de forma altruísta. “Ser árbitra internacional é un traballo non remunerado que supón un gasto, tendo que pagar dietas e transporte, pero que aporta moitos beneficios e permite coñecer mundo”.

O seu soño é chegar as Olimpiandas de Los Ángeles 2028 e ondear a bandeira de Redondela, para o que precisa engadir ao seu extenso curriculo 4 anos de experiencia internacional e ter arbitrado en tódolos continentes.

Figuras como Conchi Martínez dan visibilidade a un deporte que en Redondela atópase nun momento de auxe. Moitos deportistas do municipio están a acadar niveis moi elevados nesta disciplina das artes marciais, como é o caso de Diego Blanco que logrou a medalla de ouro no Campionato de España de Taekwondo 2022 adestrando no club Omnhium que dirixe o técnico de élite Yago Bernárdez.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

  1. Miña NORABOA…..xa que na sua traxectoria o demostrao día a día e ten mais que merecido…. E xa que o deporte Redondela so parece que está dirixido a un par de deportes….temos un campeón e subcampeona de España en Taekwondo e como se non pasará nada…..pero seguro que fose Unha das disciplinas que están o día serian unha Festa por todo alto…..pero bueno como en todo! .. parece que temos deportes de primeira e outros desegunda…así funcionan estás politicas…..parece que todo funciona por favoritismo o amiguismo……pois señor@s gobernantes deixense de ver as suas pousadeiras e valoren o que teñen……todas as disciplinas son DEPORTE….

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará