Foto: Policía Local de Redondela
O suceso tiña lugar ao redor das catro da tarde de hoxe e provocaba importantes retencións na N-552 á altura da farmacia. Os tres vehículos implicados quedaron cruzados na estrada o que complicou a circulación ata que foron retirados da calzada. Ata o lugar do suceso desprazáronse axentes da Policía Locas, GES de Mos, unha ambulancia e a Garda Civil de tráfico que se fixo cargo da investigación e instrución do accidente.
Todo apunta a que o sinistro teríase producido por un despiste dun dos condutores implicados ao non decatarse de que un Mercedes, que procedía de Redondela, estaba parado na estrada para xirar a esquerda. O vehículo que viña detrás cando se decatou da súa presenza tentou esquívalo, momento no que invadiu o carril contrario e colidiu de fronte contra o Seat Ibiza, que viña de Vigo en dirección Redondela.
Malia o aparatoso do sinistro tan só habería que lamentar unha persoa ferida de carácter leve, segundo información da Policía Local así como retencións importantes ata que non se restableceu a circulación.