A deputada e viceportavoz do Grupo Socialista, Leticia Gallego, elevou unha iniciativa ao Parlamento galego na que empraza ao goberno da Xunta a completar as dúas fases pendentes da remodelación urbana da avenida de Vigo, ao seu paso por Chapela. A deputada e a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acusan o retraso de máis de catro anos para completar estas obras de humanización que mellorarían a accesibilidade e o tránsito da veciñanza e Chapela.
Rivas engade ao respecto que “é lamentable que un goberno da Xunta, que se da por sentado que ten que gobernar para todos e todas as galegas e, polo tanto “para todos os municipios baixo criterios de equidade”, elabore uns orzamentos “absolutamente arbitrarios favorecendo aos concellos que lle son afíns e esquecendo, por completo ao resto”. Concretamente denuncia que o candidato a alcaldía de Redondela polo PP, Javier Bas, non cumpliu coas promesas e compromisos que tiñan coa veciñanza de Chapela. Completaron a primeira fase como iniciativa da campaña electoral de Javier Bas para logo deixalo paralizado “demostrando a súa política balsada en enganos”. Segundo Rivas, “nos presupostos da Xunta foron desaparecendo os orzamentos destinados a humanización desta vía ata quedar esquecida”.
Logo de verse coa alcaldesa, a deputada socialista lembrou que a devandita avenida de Vigo é de titularidade autonómica e que boa parte dela “está nunha situación de total abandono e deterioro” por parte do goberno galego. Sinalou tamén que as obras da primeira fase de humanización comezaron no ano 2017, pero dende aquela nada máis se sabe, xa que o Concello de Redondela e a veciñanza seguen a esperar pola resolución das fases 2 e 3 de humanización, “parada dende 2018”.
O proxecto de remodelación e humanización da avenida de Vigo incluía a renovación integral das beirarrúas e a súa ampliación para facilitar o tránsito de peóns na zona concorrida na que se sitúa o mercado municipal, a alameda e os principais establecementos comerciais de Chapela. Logo de que o PP rexeitara as emendas presentadas polo Grupo do PSdeG para dotar de fondos a este proxecto, os socialistas comprométense a elevar o asunto de novo ao Parlamento, esta vez como una proposición non de lei na que se insta ao goberno galego a completar “de maneira urxente” as fases 2 e 3 da humanización da Avenida de Vigo de Chapela.