Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Abre o prazo para se inscribir nos obradoiros de Semana Santa en Redondela e Chapela

caixas niño

As actividades, orientadas a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade, desenvolveranse os días 3,4,5 e10 de abril en horario de 9:30h a 13:30h nos Multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela e no Multiúsos da Xunqueira en Redondela. As prazas, ata un máximo de 25, adxudicaranse por rigoroso orde de inscrición.

Os obradoiros a desenvolver, coordinados dende as concellerías de Medio ambiente e Igualdade, consistirán na construción de caixas-niños para paxaros e de “hoteis para insectos”, así como manualidades sobre o mundo animal, elaboración de rosca de pascua, xincanas e distintos xogos ”pensados dende a inclusión e a igualdade”.

A iniciativa busca o dobre obxectivo de, por unha banda, concienciar aos nenos e nenas a partir dos 4 anos sobre a importancia do medio ambiente -centrándose nas aves e os insectos como na pasada edición- para o equilibrio medioambiental e, por outra, permitir a conciliación laboral das familias durante as vacacións de Semana Santa.

A inscrición, través dos rexistros municipais, está aberta para nenos e nenas entre 4 e 12 anos ata completar aforo, cun límite de 25 prazas por actividade.

Dende o goberno local aproveitan para lembrar o seu compromiso coas familias de cara a favorecer a conciliación “poñendo en marcha diversas iniciativas durante todo o ano co obxecto de cubrir a totalidade das vacacións da rapazada”. Neste sentido a alcaldesa Digna Rivas responde ás críticas do PP quen sobre a falta de actividades de conciliación. “Unha vez máis, e xa non é novidade, o PP recorre a terxiversación da realidade coa clara intención de desgastar ao Goberno”, afirma Rivas quen asegura que “fronte a iso, o Goberno socialista ofrece feitos concretos e datos irrefutables sobre a potenciación das actividades de conciliación”. e lembra que “fronte ao mes de campamento de conciliación que ofrecían os Gobernos conservadores, o Goberno socialista realiza campamentos gratuítos durante os meses de xullo e agosto, incrementando polo tanto o orzamento destinado á conciliación”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará