Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela pospón o pleno ao coincidir coa manifestación pola sanidade en Chapela

asemblea chapela

A protesta chega unha semana despois da asemblea celebrada no Piñeiral do Crego

A manifestación, convocada pola Asemblea pola sanidade pública, terá lugar este xoves ás 20:00 horas con saída dende o Alto da Encarnación e percorrido pola Avenida de Vigo ata chegar a Alameda Rosalía de Castro baixo o lema “A sanidade non é un negocio, é un dereito”. A corporación acordou pospoñer ao vindeiro luns día 3 o pleno que estaba previsto celebra este xoves para non coincidir coa protesta.

A protestas deste xoves concretábase nunha asemblea celebrada a semana pasada no Multiúsos do Piñeiral do Crego na que se debateu sobre a situación da sanidade pública en xeral e sobre as eivas que presentan os centro de saúde como o de Chapela. Unha xuntanza na que se sumaron apoios co obxecto de que a mobilización de pasado mañá conte co maior número de participantes posibles. Neste sentido, Alberto Covelo anima á veciñanza a se sumar a esta marcha tendo en conta que o que se demanda é que se paralice o desmantelamento da sanidade pública.

Alberto Covelo, Asemblea Sanidade Pública

A protesta nace como reacción a unha serie de problemáticas entre as que os convocantes destacan as extensas listas de espera que fan que as probas diagnósticas se convertan en procesos practicamente inaccesibles e impiden atender a tempo as doenzas, a falta de persoas facultativo e a continua rotación dos médicos o que provoca o peches de centros de atención primaria. Denuncian tamén o colapso das urxencias e a substitución da atención presencial pola atención telefónica.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará