Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O mal tempo e a crise económica reducen as vendas nas rebaixas de verán

RR_Noticias

Malia os descontos do 50% e o 60% os comercios de Redondela non conseguiron desfacerse dos stocks da temporada.

A menos de 15 días para que rematen as rebaixas de verán os comerciantes de Redondela recoñecen que foi unha das peores campañas que lembran. O mal tempo do mes de xullo que provocou que a xente non se animara a mercar roupa de verán e a crise económica fixo que moitos dos establecementos reduciran notablemente as vendas con respecto á campaña do ano pasado. Os comercios da zona esperaban poder recuperar os malos resultados económicos do inverno coas rebaixas pero polo momento as vendas nin sequera se igualaron ao ano pasado por estas datas.   O sector comercial local recoñecen que as obras de humanización que se están a desenvolver no centro da vila e a falta de aparcadoiro non está a axudar a que a xente veña a mercar a Redondela e escolle as grandes áreas comercias onde ten máis facilidades. Malia todo o descenso das vendas non foi tan notable como o rexistrado en Vigo e Pontevedra, grazas aos clientes habituais, que aínda que reduciron as compran non deixaron de mercar.    

Establecemento Candil
Considera que as obras e a falta de aparcadoiro están diminuíndo as vendas en Redondela.
Establecemento Todo Elena
A dependenta deste comercia apuna que malia os grandes descontos a xente merca menos.
Establecemento Vagalume
Malia os descontos que superan o 50% a xente non merca.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará