Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de 250 veciños empregan o servizo gratuito de bicicletas en préstamo

RR_Noticias

A iniciativa, posta en marcha pola Concellería de Medio Ambiente, conta con 70 bicicletas a disposición dos usuarios que previamente se dean de alta nas dependencias municipais

Un mes despois da posta en marcha do programa gratuíto de bicicletas en préstamo foron xa máis de 250 persoas as que se deron de alta no servicio. Así o confirmaron dende a Concellería de Medio Ambiente de Redondela promotora dunha iniciativa que está subvencionada polo Instituto Enerxético de Galicia con 140.000 euros.
O servicio comezou a funcionar a mediados do mes de xullo e en 30 días foron xa máis de 250 as persoas que se deron de alta nas dependencias municipais animadas de seguro polo bo tempo dos últimos días.
De feito, moitos dos usuarios do servicio empregan estas bicicletas para desprazarse dende o centro da vila ata a praia de Cesantes.
Darse de alta previamente é un paso imprescindible, xa que unha vez inscrito no Concello outórgaselle a cada usuario unha clave que lle permite, a través dunha mensaxe de móbil, retirar unha bicicleta de xeito completamente gratuíto de algún dos cinco puntos nos que se atopan estacionados estes vehículos: o Multiusos da Xunqueira. ao carón da piscina municipal na Avenida Mendiño en Redondela, na praia de Cesantes e tamén en Chapela na Alameda e na praia de Arealonga
En total o proxecto conta con 70 bicicletas en servicio a disposición dos usuarios e persegue fomentar o uso dun medio de trasporte saudable e non contaminante.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará