Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un produto altamente tóxico foi o causante da elevada mortalidade de peixes no Verdugo

RR_Noticias

O Concello de Soutomaior mantén a prohibición de bañarse en Arcade e nas praias fluviais do río á espera de coñecer os análises do vertido procedente da depuradora de Ponte Caldelas

A alta toxicidade do produto vertido no río Verdugo provocou a morte de milleiros de peixes. Así o confirmou o concelleiro de medio Ambiente de Soutomaior, Ramón Fernández, quen á espera de coñecer os resultados das análises realizadas polo Sepron asegurou que non se trata de augas fecais e que “as análises deberán desvelar si se trata dalgún producto usado pola propia depuradora de Ponte Caldelas para sanear as augas residuais ou un vertido que foi parar á rede de saneamento”. Lembramos que o vertido se producía o pasado domingo á altura da EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais) de Ponte Caldelas e que a mancha foi trasladándose cara abaixo pola canle do río provocando ao seu paso a mortalidade de troitas, sollas, reos, anguías e salmóns. Ante a posible toxicidade da mancha tanto o concello de Soutomaior como o de Pontevedra desaconsellaron o baño nas praias de Arcade e na praia fluvial de Pontesampaio como acto de “precaución e prudencia”. Unha prohibición que Ramón Fernández reiterou logo de reunirse durante a mañá de hoxe o goberno local en gabinete de crise. Solicitaron ademais á Xunta que se proceda a abrir algún dos encoros existentes río arriba para que a auga arrastre os restos que quedaron estancados no río O edil non dubidou en calificar este feito como un “desastre ecolóxico” de primeira magnitude e dende a Consellería de Medio Ambiente anunciouse a apertura dun expediente sancionador aos responsables do vertido.

Ramón Fernández concelleiro de Medio Ambiente
O concello de Soutomaior está á espera de coñecer os resultados das análises
Alta toxicidade
O vertido matou a milleiros de peixes
Abrir os encoros
O goberno local solicitou medidas para arrastrar os restos que quedan na canle do río

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará