A música, os xogos populares e un encontro de chimpíns centran as actividades dun certame que terá lugar os días 29 e 30 de agosto no monte Outeiro Grande de O Viso
O festival celebrarase o último fin de semana de agosto no Monte Outeiro Grande de O Viso coa actuación a partir das 22:30 horas dos grupos Folk Os Carunchos, Ardentía e o grupo de gaitas Aluarado. Ademais de música o festival inclúe na xornada do domingo un sesión vermú amenizada polos grupos Asubíos de Portocedeira e Airiños de San Simón, un xantar popular e xogos tradicionais para grandes e cativos. Como novidade nesta edición celebrarase unha “subida de Meighachimpíns”, e que persegue que todos os que así o desexen suban ao monte en chimpíns decorados para a ocasión. O Colectivo Lúa meiga, organizador do evento, comezará este mesmo venres coas actividades previstas. Como xeito de ir quecendo motores o vindeiro venres e coincidindo coa celebración da feira en Redondela, un grupo de gaiteiros amenizará a xornada de ventas. O obxectivo desta actividade é promover e divulgar a música tradicional e folk galega, “tentando que a esencia da cultura tradicional retorne á vida e ás celebracións cotiás”. Para facilitar o acceso do público ao recinto da festa o sábado haberá un servizo de autobuses gratuíto que percorrerá a parroquia de O Viso dende as 21:00 horas ata as catro da madrugada.