O parque conta cunha tirolina e unha pista polivalente na que se poden desenvolver diferentes deportes así como unha zona de descanso dotada de bancos e mesas, situada na parte central da parcela que ocupa unha superficie total de 5.000 metros cadrados.
A parcela, xunto á estrada N-555 e próximo ás rúas Camiño do Sapal e Camiño Costa Mouriño, atópase valada e delimitada por noiros de gran dimensión e as súas dimensións permitiron delimitar un total de catro zonas diferenciadas polas súas instalacións.
Así, a zona infantil sitúase ao leste da parcela onde se realizou un acondicionamento do terreo para a construción de instalacións de xogo combinando diferente bambáns e estruturas de diversas formas e variedades.
Ao sur da parcela instalouse unha tirolina e na zona oeste acondicionouse a zona deportiva polivalente, cunha pista na que se poden desenvolver diferentes deportes, dende o patinaxe, ao baloncesto ou o fútbol.
Por último a zona de descanso sitúase na parte central da parcela, onde se instalou diverso mobiliario como bancos, 3 mesas de picnic con bancos de madeira de piñeiro, 2 mesas de parchís con catro asentos, 2 mesas de xadrez con dous asentos e 3 papeleiras coas súas cubetas.