Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior avanza na creación dunha zona de recreo de 10.000 metros cadrados

Nuevo parque jardín Soutomaior (1)

O Concello de Soutomaior aprobou de forma inicial o novo Plan Especial de Infraestrutura e Dotacións (PEID) que permitirá acometer a creación do Parque-Xardín na localidade. Unha nova zona de recreo de máis de 10.000 metros cadrados que conectará co actual xardín traseiro da Casa do Concello e coa que o goberno local quere atender as necesidades de infraestruturas de lecer dos veciños residentes nos barrios do rural.

O novo parque estará situado na Rúa Alexandre Bóveda e contará con tres accesos diferentes, dous deles a ambos os dous lados da Casa do Concello e un terceiro a través do miradoiro e a zona de gardería que se creará na marxe da PO-244. Cada acceso contará cun itinerario específico a través dos xardíns e espazos de lecer até atoparse o tres na chaira central, unha zona pavimentada de máis de 1600 metros cadrados acondicionada para acoller diferentes actividades e eventos sociais.

En total o parque terá un total de 11 zonas diferenciadas segundo o seu uso e as especies arbóreas que se poderán atopar neles. Así, hai zonas con diferentes variedades de árbores froiteiras como maceiras, figueiras ou perales, unha zona boscosa, outra con especies vexetais de porte baixo, varios grupos de cerdeiras e unha zona cun viñedo tradicional que xa se atopaba nas primeiras ortofotos do municipio nos anos 50.

Do mesmo xeito, o parque tamén conta cunha zona de lecer e esparexemento destinada a fomentar as relacións sociais entre os veciños. Un espazo con varios bancos e muretes circulares que contará con zonas de sombra e unha pradaría de herba natural.

Con este proxecto, segundo indicou o alcalde, Agustín Reguera, o Concello de Soutomaior aposta pola creación de espazos de lecer sustentables. “Un parque no que priman as variedades autóctonas cun consumo hídrico responsable, no que se integran os elementos tradicionais cos novos e no que llos visitantes poderán atopar todo tipo de froitas ao seu alcance”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará