Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha tonelada de solidariedade no Torneo do CD Choco

torneo solidario choco

A entidade deportiva celebrou os días 7 e 8 de abril o Torneo Solidario de Semana Santa coa participación de equipos das categorías benxamín, alevín e infantil, un evento no que recadaron mil kilos de alimentos para Cáritas.

O CD Choco celebrou o pasado venres e sábado o seu xa clásico Torneo Solidario no que unha vez máis a solidaridade e o deporte foron da man e no que tanto xogadores como público participaron activamente coa doazón de alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene. En total recolléronse mil kilos de alimentos que será destinados a Cáritas Redondela, encargada de repartilos e facerllos chegar a aquelas familias que os precisen.

Dous días nos que os cativos puideron gozar da práctica do seu deporte favorito, o fútbol, nas categorías Benxamín, Alevín e Infantil. Os equipos participantes, ademais do anfitrión, o CD Choco, foron o AD Barroselas, CD Soutomaior, SCD Puentecaldelas, CD Mosteiro, EF Moañesa, AX Saraiba do Mari, Cristo de la Victoria SD, SCD Salcedo, ACD A Seca, Alondras CF , EFB Beluso, CD Cesantes, Colegio Hogar, SD Puentearnelas, Coruxo FC, CD Moaña, Porriño IND FC e o Gran Peña.

Na categoría Benxamín alzouse como campión o CD Choco, quedando en segundo lugar a SCD Puerntecaldelas. Na categoría alevín alzou a copa o Cristo de la Victoria e como subcampión fixo o propio o CD Choco A. Por último, na categoría Infantil sería o Colegio Hogar SR quen gañou o campionato quedando subcampión o CD Choco.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará