Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

San Simón acolle un laboratorio de cine

san simón

Dende hoxe martes e ata o 20 de abril, Iria Sobrado, Alexandre Cancelo, Nacho Ozores, Lidia Fraga e Jacobo Díaz, Irene Pin e Dani Viqueira, traballarán en cadanseus proxectos de maneira persoal, acompañados/as por titores e titoras especializadas co fin de profundar en aspectos artísticos e narrativos. Son un total de sete creadores e creadoras audiovisuais que terán así a oportunidade de traballar nos seus proxectos ademais de asistir a encontros profesionais, mesas redondas, proxeccións e instalacións artísticas. A iniciativa, un laboratorio creativo da Deputación, leva por nome Conecta Lab e conta con financiamento europeo a través dos fondos NextGeneration.

A Illa de San Simón é o elemento central deste laboratorio de ideas e a localización na que se desenvolverá a maior parte da actividade de Conecta Lab. Este espazo será tamén escenario dunha serie de encontros profesionais, mesas redondas, proxeccións e instalacións artísticas co obxectivo de xerar espazos de comunicación entre creadores e creadoras, formular temas de debate ou abordar aspectos innovadores da creación audiovisual. Así, os e as participantes recibirán clases maxistrais de man de Álvaro Vega, Óliver Laxe, Carlos Marqués-Marcet, Pablo Martí ou ÍciarBollaín. Todas as sesións son abertas ao público sendo as impartidas por Álvaro Vega (martes 11 de abril, 20.00 h), Oliver Laxe (venres 14 de abril, 20.00 h), Carlos Marqués-Marcet (domingo 16 de abril, 20.00 h) e Pablo Martí (luns 17 de abril, 19.30 h) online con inscrición previa na web www.crea.gal. A sesión a cargo de Icíar  Bollaín, o sábado 15 de abril ás 18.00 horas, será presencial, de acceso libre, e terá lugar no Museo MARCO de Vigo.

Tamén haberá outras actividades nas que participarán algúns dos nomes máis influentes dos últimos anos do audiovisual a nivel internacional, como Celia Rico, Laura Sarmiento, Alex Rodrigo, Álvaro Gago, Marjorie Bendeck, Enrique Lojo e Paula Cons. Ademais, tamén se estreitarán lazos con Portugal a través do encontro Cinema Arraino, no que haberá unha charla con AndréGuiomar, Luís Costa e Mafalda Rebelo sobre o cine no país luso e as conexións con Galicia, así como unha proxección da película “Fogo Fatuo” e un coloquio co seu director, João Pedro Rodrígues. O programa complétase cun roteiro para coñecer localizacións da ría de Vigo de man da Vigo Film Office ou unha mesa redonda sobre miradas de xénero no cinema, entre outras actividades.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará