Convocan a todos os que queiran participar a unha reunión esta noite as 22:30 horas na Casa da cultura. Os interesados poden poñerse en contacto tamén a través do enderezo electrónico foliadaredondela@gmail.com
A Foliada de Redondela, un Festival de intercambio cultural entre Galiza e Catalunya que se vai desenvolver na vila na fin de semana do 11-12-13 de Setembro con actividades culturais alternativas vindas de toda Galiza e de Catalunya, está a procura de voluntarios para colaborar activamente na organizacións do programa no que se inclúen obradoiros, concertos e charlas. A filosofía da Foliada é de colaboración desinteresada por todos os que nela participan segundo explicaba dende a organización Salomé Cabaleiro, quen destacaba ademais que “o voluntariado é un bo xeito de coñecer dende dentro un festival destas características”. Os voluntarios participarán en tres días de intensa actividade cultural e festiva para todos os públicos onte os redondeláns e visitantes poderán vibrar ao son dos Diables e Correfocs vindos de Nou Barris (Barcelona), ofrecerá talleres de circo, xogos populares, conferencias, seminarios, feiras de troco, roteiros, visitas á Illa de San Simón, e moita música en directo, galega e catalá. A organización da foliada, composta por diversas asociacións e colectivos da vila, colaborou esta fin de semana ao bo resultado do entroido de verán celebrado en Redondela cun xantar popular para recadar fondos para financiar o Festival.