Nos últimos días son xa catro os casos de violencia machista detectados no noso concello que derivaron na detención de catro varóns. Concretamente unha das detencións tivo lugar a cargo da Policía Local e Nacional no Camiño da Lavandeira en Chapela na madrugada do pasado sábado, outras dúas na rúa Ernestina Otero este mesmo luns e a última, na madrugada de hoxe, en Vilar de Infesta.
A detención de hoxe tiña lugar as dúas da madrugada logo de recibir a Policía Nacional unha chamada alertando dun presunto delito de violencia de xénero na parroquia de Vilar. Unha vez no lugar procedeuse a detención dun varón de 57 anos de idade tras sospeitar que tiña agredido a súa parella no domicilio no que conviven. O home foi trasladado á Comisaría da Policía nacional á espera de que pase a disposición xudicial.