Lidia Villalón é unha artista plástica e deseñadora gráfica de Redondela. Vén de estrear a exposición “Disartist” no Café Cowork de Redondela, unha mostra das súas pezas máis persoais nas que mestura influencias da cultura galega a través das meigas, o feminismo, a psicoloxía, a ciencia ficción e a literatura. Tamén podemos atopar pezas marcadas por unha clara denuncia social e crítica á gerra.
Estudou publicidade e Relacións Publicas, co tempo foise achegando a ramas máis creativas do seu traballo gracias ao Deseño gráfico e o seu gusto pola fotografía. A súa motivación para comezar a crear, o que hoxe forma parte da exposición, vén do desexo de ter maior visibilidade e ser escoitada máis alá do ámbito estritamente laboral.
Esteticamente a súa obra destaca por ter mensaxes con forza e mesmo escritos tipográficos que recordan ás cores e o estilo “póster” dos anos 90. Unha mirada nostálxica que conflúe co seu coñecemento sobre novas tecnoloxías. De feito, ten claro a importancia do papel creativo das persoas á hora de traballar e entende a Intelixencia Artificial como unha ferramenta que “aínda está moi lonxe de substituír o traballo humano, pero forma parte da tecnoloxía que hai que coñecer para avanzar”.
Podedes atopar e mercar o seu traballo directamente no Café Cowork de Redondela ata o 14 de maio ou no caso de non poder achegarte, a través Das súas redes sociais.
Instagram: @lidiavillalon_studio.