Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Artelixo regresa con preto de cen obras e un programa intenso en torno ao cambio climático

artelixo

A asociación busca que os políticos locais se “mollen” nun debate que terá lugar o venres 28 ás 19:00 horas na Alameda e que contará coa presenza dos candidato do PP, Javier Bas, PSOE, Digna Rivas, BNG, Xoán Carlos González e en representación de AER o que fora concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar. Na xornada de hoxe está previsto que comecen a colocarse as obras en prazas, rúas e escaparates. O mal tempo que se prevé para o sábado levou á organización a suspender o acto inaugural que ía ter lugar no exterior do Meirande.

O cambio climático é o tema central dun Artelixo que se vai desenvolver dende o 22, día no que confían xa estean as preto de cen obras instaladas nos seus respectivos lugares, ata o 29 de abril.

Unha semana na que ademais de gozar de todas esas obras de arte elaboradas con material de refugallo propoñen diferentes actividades sempre en torno ao espírito reivindicativo e combativo co que naceu este certame décadas atrás.

Logo de adiar o evento que estaba previsto desenvolver en Rande ante o mal tempo que se prevé para o sábado, o pistoletazo de saída será o domingo 23 no Multiusos da Xunqueira coa lectura do pregón ás 12:00 do mediodía a cargo de Verónica Romero de Compromiso pola Terra, colectivo que naceu en 2015 co obxectivo de concienciar contra o cambio climático. Seguidamente farase a presentación da exposición de arte que se poderá visitar no Multiusos dende o domingo o 23 de abril e ata o 7 de maio. A exposición leva por título “Onde habito” de Ana María Cabanes Fontao, artista plástica galega que busca que a súa obra ademais de colorista teña mensaxe crítico no referente á sostenibilidade.

Ademáis da exposición no multiusos e os artelixos expostos polo municipio a semana completarase con actividades paralelas como a poesía para peóns que será o luns 24, faladoiros a cargo de diferentes asociación medioambientais o mércores e xoves e un debate baixo o nome “A análise política do cambio climático” coa participación de grupos políticos de Redondela con representación na corporación.

O SonaLixo será o encargado de pechar a cita deste ano o sábado 29 nunha xornada que inclúe obradoiros para as crianzas a primeira hora da tarde e fin de festa con concertos de micros abertos.

Artelixo, meu amigo

Explican dende a organización que como ven sendo costume nas derradeiras edicións cada ano o certame arrancaba nunha parroquia diferente e este ano a intención era inaugurar en Rande pero que  o mal tempo obrigou a adiar ese evento. Así será o 6 de maio cando organizarán unha festaque contará cun “Obradoiro de redeiro” a cargo de José Collazo , un concerto do grupo “Harpo, Chico e Zeppo”, xantar popular, actividades para crianzas co “ObraLixo” espazo lúdico familiar, visitas teatralizadas ao Museo Meirande tamén teremos a presentación do proxecto “ A lagoa dos bébedos” un colectivo de recuperación de embarcacións tradicionais, para rematar cun concerto de “Zeltia Irevire”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará