A que fora presidenta da Asociación de Veciños de Chapela e actual secretaria do colectivo veciñal, da o salto á literatura infantil co libro “O verme que quería voar” publicado pola editorial Belagua. A presentación terá lugar ás 20:00 horas de hoxe xoves no Multiúsos do Piñeiral nun acto no que estará presente a propia autora, a ilustradora Noa López Lorenzo, tamén veciña da parroquia, así como a editora Edurne Baines e a alcaldesa Digna Rivas.
Un libro que naceu “polas ganas de aprender da miña neta, que pedía continuamente que lle contara historias e llas repetira, para non esquecelas decidín poñelas por escrito”.
Historias inventadas que neste caso fala dun verme que soña con voar e lle pregunta a unha bolboreta como facelo. Unha historia que quere amosar a capacidade de cada un de nós para lograr o que nos propoñemos.
Malia que é o seu primeiro libro, Méndez leva anos escribindo pero non sería ata a chegada da súa neta cando decidiu xa dar un salto: rexistrar os seus escritos e envialos ás editoriais para comprobar se espertaban interese. A editorial Belagua púxose en contacto con ela inmediatamente e logo chegou a elección da ilustradora, Noa López, tamén veciña de Chapela “a colaboración entre as dúas foi tan satisfactoria que xa estamos traballando nas ilustracións de posibles futuras publicacións”.