Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG denuncia que a nova depuradora de Arcade manterá o punto de vertido enriba dos bancos marisqueiros

edar souto

O deputado nacionalista Manu Lourenzo acusa a augas de Galicia de ocultar este proxecto ao negarse, por segunda vez, a remitirlle o proxecto da nova EDAR de Arcade malia que o articulado do Parlamento de Galicia establece que os deputados terán a “facultade de solicitar das administracións públicas os datos, informes ou documentos que consten en poder destas”. O argumento de Augas de Galicia foi que “o proxecto estaba sendo supervisado tecnicamente”.

A este respecto Manu Lourenzo sinalou que “se o proxecto está sendo supervisado por outros ninguén entende que a nós se nos oculte. Asegura ademais que hai unha grande preocupación na veciñanza xa que o PP anunciou no Parlamento que pretenden que a nova EDAR, de moito maior tamaño, verta no mesmo sitio que a actual, xusto enriba dos bancos marisqueiros de Arcade. E agora, ocultando este proxecto non fan senón facer que medre a preocupación. 

Manu Lourenzo sinalou que “despois da comparecencia da directora de Augas de Galicia no Parlamento, na que confirmou que “o punto de vertido sería o mesmo que o actual” saltaron todas as alarmas entre a veciñanza”. Estamos a falar dunha depuradora moito maior que a actual e dun sistema de separativa de pluviais e fecais que está furado en todo o concello e instan ao Augas de Galicia que llo remitan de xeito inmediato.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará