Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER concorre por cuarta vez ás eleccións cunha candidatura liderada por Roberto Villar

FOTO AER

O que fora concelleiro de Medio Ambiente ata a rutura do pacto de goberno PSOE-AER, Roberto Villar, será o cabeza de lista á alcaldía de Redondela. Repite como número dous o tamén concelleiro Daniel Boullosa seguido de José Carlos Orge “Cuni”. Alba de Jong e Carmela Darriba ocupan os postos catro e cinco respectivamente.

A Agrupación de Electores, logo de acadar as 500 sinaturas que precisaban para poderen concorren a estes comicións electorais por cuarta vez en 12 anos, ven de dar a coñecer a súa candidatura na que apostan “pola continuidade e experiencia na política local nos cinco primerios postos da súa candidatura” na que, engaden, “hai tamén espazo para a renovación”.

Encabezando a lista atópase Roberto Villar, experto en políticas locais medioambientais e concelleiro de Medioambiente nos dous primeiros anos deste mandato. De feito, fora a problemática das algas e a súa negativa a retiralas dos areais contra o parecer defendido polo grupo socialista, o que precipitara a rutura do bipartito.

No número dous repite Daniel Boullosa “que xa demostrou a súa implicación no ámbito cultural e turístico, ocupando o cargo de concelleiro no goberno municipal”. No número tres irá Jose Carlos Orge, profesor da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo e experto en economía de empresa. En cuarto lugar, incopórase a traballadora social Alba de Jong e, no quinto posto, repite na candidatura a docente Carmela Darriba.

Explican dende Aer que a candidatura nútrese “da experiencia que xa amosaron tanto Villar como Boullosa na política municipal liderando grandes iniciativas a prol de Reondela, a presenza dun destacado economista, a ilusión de Alba de Jong e o coñecemento no eido científico de Darriba nun proxecto que prentede dar continuidade ao traballo feito neste mandato aproveitando a experiencia, pero tamén querendo incorporar novas ideas e propostas democráticas que teñan cabida no noso xeito de defender Redondela e a súa veciñanza”.

Dende a Agrupación aproveitaron para agradecer ás máis de 500 veciñas e veciños de Redondela que coa súa sinatura “nos permiten volver a presentarnos, sobre todo a aquelas e aqueles que, sendo doutra ideoloxía política, amosan así o seu talante democrático. Trátase da cuarta vez que o conseguimos nestes 12 anos, o que supón un fito nacional sen precedentes”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará