Foto: M.C.
Noite de vandalismo en Redondela onde uns 11 vehículos amaneceron o domingo cos espellos retrovisores arrancados. Os coches estaba estacionados na rúa Prego de Montaos e foron numerosas as chamadas que ao longo do domingo se recibiron na Policía Local denunciando estes feitos que se terían producido de madrugada. Uns danos que non adoita cubrilos o seguro do vehículo, polo que os seus propietarios terán que gastar ao redor de 300 euros na súa reparación.
Non é a primeira vez que acontece algo semellante, pero sí que ten lugar nesta rúa que discorre en paralelo á rúa Pai Crespo.
Uns feitos que se produciron nunha noite na ue houbo tamén diversos incidentes por botellón na rúa 8 Marzo e chamadas polo ruído que provocan os mozos e mozas que beben ás portas dos locais.