A policía nacional non desbota que o incendio, que se produciu ás 3:45 horas da madrugada do domingo, fose provocado
O Grumir de Redondela e unha dotación dos bombeiros de Vigo foron os encargados de apagar as lapas que calcinaron o garaxe da vivenda aínda que non afectaron aos piso do inmoble. O lume foi rapidamente sufocado o que evitou que se produciran danos persoais xa que na vivenda atopábanse neses momento os inquilinos, unha parella e o fillo da muller, que puideron saír polo seu propio pe.
As lapas afectaron á planta baixa do edificio que servía de garaxe e calcinaron os dous vehículos que se atopaban alí estacionados – un Seat león e un Fiat Marea- así como a caldeira e outros aparellos.
O suceso puido ser máis grave, xa que segundo información de protección civil, no garaxe había dúas bombonas de butano que foron retiradas polos axentes do Grumir.
A policía científica ten aberta unha investigación para tentar aclarar as causas do incendio e non se desbota que fose intencionado xa que os capós dos coches atopábanse levantados.