O Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Fútbol celébrase en Madrid do 29 de abril ao 1de maio. A selección galega enfrontarase a equipos de Madrid, A Rioxa, Aragón e Estremadura.
Entre as 14 futbolistas convocadas pola seleccionadora Vicky Vázquez para este Campionato de España atópanse as redondelás Zaira Martínez e Lucía Salceda. Nestes momentos, Zaira xoga no ED Val Miñor de Nigrán, aínda que comezou no Casa Paco e pasou fugazmente polo CD Choco, equipos que a viron medrar como deportista. Lucía tamén empezou no Casa Paco e pasou directamente ao UD Mos, onde xoga actualmente.
Nesta cita reúnese o presente e futuro do noso fútbol. A Selección Galega Sub-12 Feminina terá o seguinte calendario: Sábado 10.35 Madrid vs Galicia, sábado 12:45 A Rioxa vs Galicia, sábado 19:05 Galicia vs Aragón, domingo 9:30 Galicia vs Estremadura.
A fase final do torneo, desde os cuartos de final, terá lugar nas instalacións da Cidade do Fútbol de Las Rozas, e xogarase o domingo pola tarde e tanto as semifinais como as finais serán o luns 1 de maio pola mañá.