Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela promove o coñecemento do patrimonio cunha visita ao cemiterio dos Eidos e un roteiro por Ventosela

os eidos

O Concello de Redondela propón para este fin de semana dúas actividades centradas no patrimonio. Por unha banda unha visita guiada ao Cemiterio dos Eidos o venres 28 ás 19:30 horas con inscrición previa no correo electrónico turismo@redondela.gal ou no 986 40 17 13. O domingo a proposta pasa por achegármonos aos petróglifos da Pedreira en Ventosela en horario nocturno.

Aproveitando a festividade do luns 1 de Maio o roteiro proposto polo Concello e coordinado pola empresa Noso Cooperativa será nocturna e consistirá en visitar os petróglifos de Ventosela coa axuda dunha lanterna. As persoas participantes sairán dende as proximidades da igrexa de San Martiño de Ventosela sobre as 20.00 da tarde, para facer un pequeno percorrido pola contorna e rematar coa noitiña nos petróglifos da Pedreira. Unha visita de balde, pero con inscrición previa no wasapp 613005844.

Por outra banda, cultura pecha o mes cunha nova visita guiada ao cemiterio dos Eidos. A cita será este venres 28 ás 19:30 horas e forma parte do programa de visitas guiadas ao antigo camposanto de Redondela construído en 1833. Un camposanto que alberga estatuas e panteóns de gran valor artístico e histórico. Un lugar que conta con fosa común, na que foron soterrados 42 republicanos e tamén outras persoas de nome salientable como o heroe da batalla de Ponte Sampaio John O’Dogherty, os exalcaldes Telmo Bernárdez e Ramón Pardo, a mestra Ernestina Otero ou o médico e político Alejandro Otero.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará