Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG propón un plan municipal de estradas seguras

bng

O candidato nacionalista Xoán Carlos González asegura que no caso de gobernar “melloraremos a seguridade viaria dos camiños municipais para que os veciños e veciñas os utilicen como lugares de encontro”. O obxectivo sería poñer en marcha unha nova política de estradas dependentes do concello accesíbeis e seguras para toda a veciñanza mellorando a sinalización e delimitando zonas para os peóns.

Dentro deste Plan de Seguridade, inclúe Xoán Carlos González o que denomina “As Nosas Prazas”, trataríase de recuperar pequenos espazos frecuentados pola xente ou lugares de encontro nas parroquias onde cunha pequena inversión na que se inclúan bancos recuperación de elementos patrimoniais ou zoas delimitadas só para as persoas. “O obxectivo é que a xente volva a disfrutar de estar con xente”, afirma.

Engaden dende o Bloque que este compromiso xurde dos encontros desenvolvidos nas diferentes parroquias e ten como obxectivo fuxir das “políticas de asfaltado” desenvolvidas tanto polos gobernos de PSOE como do PP.

Sinala que unha das leccións da pandemia, resúmese en que “a xente quere volver a saír aos camiños con seguridade, para encontrarse cos seus veciños e veciñas” e que ese sería o camiño a seguir pola formación nacionalista coa posta un marcha dunha nova política, un Plan Municipal de Estradas Seguras “que será debatido e consensuado nos Consellos Parroquiais, con nova sinalización, redutores de velocidade, delimitación de zonas para que as persoas poidan camiñar con seguridade”. Terase en conta a necesidade de incluír novas infraestruturas, ou mellorar as xa existentes como saneamento, abastecemento de auga, alumeado público, conexión a internet.

Defende así un novo modelo de estrada municipal, onde conflúan o coche particular ou transporte público “co dereito dos veciños e veciñas a camiñar, empregar o patinete o a bicicleta. As persoas con mobilidade reducida tamén teñen que poder saír aos camiños con tranquilidade”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará