Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un pleno con sabor a despedida

carmen despedida 1

Máis aló do debate político e do enfrontamento, quizais un pouco máis intenso neste último pleno do mandato celebrado a tan só dous días do arranque oficial da campaña electoral, o pleno celebrado este mércores estivo marcado pola despedida dos concelleiros e concelleiras que, ao non ir nas listas dos seus partidos, xa non repetirán tras as eleccións municipais. Especialmente emotiva foi a despedida da que foi voceira do PP durante a maior parte do mandato Carmen Amoedo, unha veterana na política local.

“Quero despedirme dos compañeiros e compañeiras da corporación así como agradecer aos funcionarios e departamentos do concello cos que tiven que traballar pola súa colaboración en todo momento” afirmou Carmen Amoedo quen engadiu que “agora me toca estar noutra etapa, froito dunha decisión persoal”. Malia as constantes referencias nos últimos plenos por parte do resto dos grupos a que o seu afastamento da política local responde a falta de entendemento con Javier Bas, candidato do seu partido, Amoedo quixo desexar os mellores resultados ao PP “partido do que sempre tiven o total apoio nos traballos que me tocou desenvolver e que espero goberne despois do 28M”.

Carmen Amoedo, a que fora voceira do PP despedíase da corporación

Previamente o concelleiro do BNG xa fixera referencia a esa despedida. Xoán Carlos González amosou ao seu respecto a “unha muller que asumiu o papel de ser a voceira do PP cando Javier Bas abandonou, que puido chegar a ser alcaldesa de Redondela cando se formulou unha posible moción de censura, unha muller que se debe a política e que é fiel ao seu partido, algo que eu recoñezo por enriba de todo”. Unha palabras que ían máis aló ao finalizar o pleno cando o edil nacionalista tamén se despedía persoalmente de Amoedo.

Xoán Carlos González, BNG

Intervencións tamén de agradecemento por parte doutras dúas mulleres, Carmen Bastos e Ángela Antón, ambas as dúas do PP, quen tampouco repetirá logo das elección municipais.

Carmen Bastos

Pechaba a sesión a alcaldesa, Digna Rivas, despedíndose especialmente deses representantes que non van repetir e agradecendo a todos os membros da corporación “o seu traballo durante estes catro anos”.

Digna Rivas, alcaldesa
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará