Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Moitas promesas e algunhas incógnitas tras o debate electoral da Radio Municipal

debate

O debate electoral organizado pola Radio Municipal de Redondela serviulle aos partidos políticos para presentar as súas propostas no caso de acceder á alcaldía tras o vindeiro 28M. O candidato do PP, Javier Bas aproveitou tamén as súas intervencións para criticar o último mandato que ao seu entender serviu para dilapidar os proxectos que o seu partido deixara comprometidos catro anos atrás. Pola contra a candidata do PSOE e actual alcaldesa, Digna Rivas salientou os proxectos e iniciativas desenvolvidos durante estes catro anos que dixo “supuxeron un avance indiscutible para Redondela”. Dende o BNG postúlanse como unha opción real de goberno a partir do domingo e AER defendeu o seu programa que busca “recuperar Redondela para as persoas”.

“O Bloque nacionalista galego preséntase ás eleccións con vontade de gobernar” abría así o debate o candidato do BNG Xoán Carlos González quen falaba da “necesidade de construír unha nova Redondela, máis participativa, na que se  teña en conta as entidades que funcionan en todo o territorio, onde as parroquias conten por igual que os cascos urbanos”.

Xoán Carlos González, BNG

A segunda quenda era para Digna Rivas quen insistía na idea de que si o PSOE revalida a alcaldía “seguiremos traballando no camiño de transformación que xa iniciamos nestes 4 anos, con importantes cambios  nas infraestruturas” poñendo como exemplo a Praza de Ponteareas así como “o resto de dereitos que teñen que ter os veciños e veciñas “

Digna Rivas, PSOE

“É unha realidade que Redondela está hoxe peor que hai catro anos” así o afirmaba o candidato do PP, Javier Bas, quen afirmaba que “xunto coa equipa que me acompaña conseguiremos que Redondela volva ser un concello amable, puxante e con futuro”. Falaba tamén de parálise e inestabilidade que segundo dixo “foi o que identificou  ao goberno de Redondela durante estes mandato”.

Javier Bas, PP

Pola súa banda o candidato de AER, Roberto Villar, presentou a súa formación como “unha agrupación con capacidade para facer cambios nos gobernos de Redondela e con capacidade para chegar a acordos con todas as formacións políticas”. Anunciaban tamén un programa “atrevido, que busca recuperar Redondela para as persoas e que está feito dende a experiencia de goberno”.

Roberto Villar, AER

Un debate que se desenvolveu ante unha bancada claramente polarizada, con integrantes e simpatizantes de acada un dos partidos e no que pouco se aclarou do que pode pasar a partir dos domingo no caso de que ningunha formación acade a maioría absoluta.

O PP insistía en que “necesitamos dunha maioría suficiente porque en caso contrario non haberá cambio” e foi contundente ante a posibilidade de que a súa investidura estea condicionada pola súa persoa asegurando que, en ningún caso, o seu partido o apartará aínda que ese sexa o condicionante para acceder á alcaldía.

Javier Bas, Pactos postelectorais

Pola súa banda o PSOE aseguraba “estar aberto ao dialogo cos partidos progresistas” afirmaba que Redondela é de esquerdas e “se o número de votos dos partidos de esquerda é maior que os dos partidos conservadores debemos traballar por chegar a acordos a favor da veciñanza”

Digna Rivas, pactos postelectorais

Unha man tendida por parte de Digna Rivas que non era recibida por AER. Roberto Villar insistía “non queremos na alcaldía a Javier Bas nin queremos na alcaldía da Digna Rivas, imos a traballar por formar un goberno alternativo ao PP pero sen a actual alcaldesa” a quen responsabiliza do rotura do bipartito PSOE-AER.

Roberto Villar, pactos postelectorais

O BNG pola súa banda insistiu na idea de que “nunca imos cuestionar persoas por moitas diferenzas que teñamos” e insistía en que hai que esperar ao que decida a cidadanía o vindeiro domingo para decidir que posibles pactos se establezan”. Insistiu en todo caso en que “o BNG aspira a liderar ese futuro goberno”

Xoán Carlos González, pactos postelectorais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará