O xadrez xunta a 154 nenos e nenas dos centros educativos de Redondela no III Torneo Intercentros de Xadrez celebrado hoxe pola mañá na Alameda de Castelao. Un evento organizado polo IES Pedro Floriani e o Concello de Redondela.
A competición estaba rexida polo sistema suízo a 5 rondas de 10 minutos cada unha para facelo dinámico e que puideran participar o maior numero de alumnos e alumnas posible. O organizador do evento, Miguel Ángel Vidal, explica que “este tipo de torneos son para divertirse e o resultado é o de menos”, pois o obxectivo é crear un evento para a convivencia e o ocio en horario lectivo.
O ano pasado presentáronse 80 persoas, fronte as 154 deste ano. Uns datos que reflexan o éxito desta iniciativa educativa e na que se enfrontaron nenos e nenas das escolas de Educación de Primaria e Secundaria de Redondela para crear vínculos a través do xadrez. Vidal apunta que tamén presentáronse 4 candidatos do instituto Arcade, expandindo a implicación dos centros da contorna.
Este é o último curso no que o xadrez se imparte como materia educativa nos centros de secundaria do país, debido aos cambios constantes que plantexan as distintas leis educativas polas que levamos pasado nos últimos anos. A pesar desta modificación na norma, o organizador do torneo asegura que seguirán impulsando a iniciativa.
El nivel dos xogadores e xogadoras é moi variado, pasando polos coñecementos básicos a rapaces e rapazas que compiten a nivel galego. Os 3 finalistas de cada curso recibiron un trofeo e todos os participantes levaron unha medalla e un recordatorio da experiencia.